Vimos impartindo Seccións Bilingües de Inglés no noso centro desde o curso 2009/2010.

Neste momento están implantadas as seguintes:

  • Educación Física - 3º de ESO
  • Educación Física - 3º de ESO
  • Educación Física - 1º de BAC
  • Educación Plástica e Visual - 3º de ESO
  • Educación Plástica e Visual - 4º de ESO



En qué consiste unha Sección Bilingüe? A continuación lles amosamos unha serie de preguntas e respostas coas que poden resolver as súas dúbidas:

1) Como serán as clases de sección bilingüe?
Nas asignaturas de Educación Física e Educación Plástica e Visual en 3º e 4º de ESO e 1º de BAC utilizarase o inglés como lingua de comunicación todo o que sexa posible, apoiándose cando sexa necesario nas linguas maternas. Farase fincapé no uso oral do inglés, levando a cabo actividades que fomenten empregalo dun xeito práctico.


2) Avaliarase de inglés ao alumnado na sección bilingüe?
Nas asignaturas de Educación Física e Educación Plástica e Visual só se lles avaliará dos contidos delas, non de inglés. Sen embargo, se amosa interese e actitude positiva hacia o uso do idioma, pode redundar no seu beneficio no momento da avaliación.



3) Como constará oficialmente ter cursado eses estudos?
O alumnado que sexa cualificado positivamente na materia da sección bilingüe recibirá unha credencial oficial expedida polo centro, conforme participou nunha sección bilingüe, que se fará constar no seu libro de escolaridade e no seu expediente académico.


4) Cal é o obxectivo da sección bilingüe?
O obxectivo é apoiar e motivar ao alumnado na aprendizaxe da lingua extranxeira, vendo a súa aplicación na vida cotiá e fóra do contexto das clases de Lingua Extranxeira-Inglés.


5) Que alumnado pode participar nunha sección bilingüe?
Todo o alumnando de 3º e 4º de ESO poderá ter oportunidade de participar nunha sección bilingüe sempre que amose interese e actitude positiva hacia a aprendizaxe en Lingua Extranxeira-Inglés, así como no resto das materias, segundo consideración da xunta avaliadora do curso que remata, as teña aprobadas ou non.

En 4º de E.S.O. terá prioridade o alumnado que xa cursara a sección bilingüe en 3º de E.S.O.
O alumnado repetidor poderá formar parte da sección bilingüe.
Se polo elevado número de alumnado candidato non se poidesen organizar grupos para todos os que o soliciten, procederase a un sorteo para seleccionalo.


6) Que debo facer para que o meu fillo/a teña a oportunidade de acceder á sección bilingüe?
Devolver a autorización de participación que se lle entregará ao seu fillo durante o curso anterior ao do inicio da SB, asinada pola nai ou pai, tendo en conta que o acceso só será posible se se cumpren os criterios recollidos no punto 6) da presente circular.


No caso de que necesite máis información, non dubide en ponerse en contacto co Xefe de Estudos.




ACCESO A CONTIDOS DAS CLASES DE SECCIÓN BILINGÜE:


EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL




EDUCACIÓN FÍSICA